domingo, 13 de marzo de 2016

SAÍDA A VIGO

 O xoves pasado, os nenos e nenas de primeiro e segundo 
de Primaria, fixemos unha saída didáctica a Vigo.

 Primeiro,fomos a NATURNOVA  (Centro Interactivo de Educación Medioambiental) da Fundación ABANCA. Alí, aprendimos moitas cousas sobre as abellas; entramos nun submarino simulado e visitamos as tres salas do Centro:O UNIVERSO , O NOSO PLANETA e O HOME E O SEU 
MEDIO.

Logo,visitamos a exposición  "HÉROES ANIMADOS" da Fundación ABANCA.

E por último,fixemos un obradoiro sobre éste último tema.

PASÁMOLO XENIAL !!!