sábado, 19 de noviembre de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

  Neste mes, os de 4º de Primaria, traballamos sobre a figura de Ángeles Alvariño. O libro de Lela Edicións "Un Ronsel de Ardora"serviu de inspiración para facer un video colaborativo cos nenos e nenas de 6º de Infantil.

viernes, 18 de noviembre de 2016

Separemos ben, reciclaremos mellor

O venres 18 de novembro estiveron con nós 3 expertos en reciclaxe que nos ensinaron en infantil e primaria o que se tira en cada contenedor para poder transformalo na planta de reciclaxe de SOGAMA. Agora xa estamos preparados para separar residuos na casa, na escola...


 
 
 
 
Para coidar un pouquiño máis a nosa contorna, podemos contribuir coas tres "R": Reducir,  Reutilizar e Reciclar. A nós correspóndenos separar os residuos, para que a cadea continúe... 
 




 
 

sábado, 12 de noviembre de 2016

Magosto 3º EP.





Ademais o xoves 10 de novembro celebramos o magosto. Fixemos una caixa de cartulina para meter as castañas, e non foi nada doado. Baixamos ao patio a comer as castañas asadas co resto do colexio e despois de pintar as caras e comer todo, participamos en grupos nos xogos que a asociación Xoán XXIII nos preparou. Moitas grazas por axudarnos neste día!!! Divertímonos moito!!!

De seguido tedes un video que o demostra:





Samaín en 3º de Educación Primaria.

O cuso 2016/2017 está a pasar rapidísimo!!!. Xa estamos na metade do primeiro trimestre, e ademáis de esforzo e de traballo, toca disfrutar das festas do colexio. Gustaríame compartir con vós o día terrorífico que vivimos o pasado 28 de outubro no Samaín.
Ademais de recibir na nosa clase á Santa Compaña, difrutamos da exposición de cabazas de cine na entrada do centro, na que participaron a maioría do alumnado. Na nosa clase os disfraces non faltaron e ademais a sesión de inglés foi escalofriante co recibimento que fixo o profe aos rapaces e rapazas.
Velaí vai un video onde podedes comprobar o ben que o pasamos. Grazas por contribuir á festa. Que medo¡¡¡.