jueves, 20 de abril de 2017

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla por parte de Juan Hermo da Escola de Enxeñeiros Informáticos de Galicia en relación coa navegación segura en Internet. 

Trátase dun programa levado a cabo cada curso no colexio, xunto coa charla que a Garda Civil imparte ao alumnado, familias e profesorado. 

É un tema moi relevante hoxe en día no que tanto os nenos e nenas como as familias deben estar informados co fin de evitar determinados riscos na rede.
Facilitámosvos o enlace para acceder á información, xogos, etc.



O doce mundo do mel de Galicia

Gracias a Beatriz Ríos Cebreiros, do Consello Regulador Denominación Xeográfica Protexida "Mel da Galicia", tivemos unha charla sobre as abellas e o mel.
Ao remate da charla agasallounos cun bote de mel e un globo.
Resultou moi interesante e resolveunos as nosas dúbidas.