lunes, 30 de abril de 2018

Visita do axente forestal

Hoxe recibimos a visita de dous axentes forestais acompañados dunha brigada. Deron unha charla a todo o alumnado e no patio fixeron unha exhibición coa motobomba. Todo o alumnado probou a mangueira para apagar un lume ficticio.


viernes, 27 de abril de 2018

Iniciándonos no uso dos portátiles

Esta semana o alumnado de 4º iniciouse no uso dos portátiles co fin de adquirir as competencias dixitais necesarias para o programa E-Dixgal no vindeiro curso. Emocionáronse moitísimo con cadanseu portátil e está a resultar unha actividade moi motivadora que terá continuidade neste último trimestre.



jueves, 19 de abril de 2018

Cociñando

Esta semana as alumnas e os alumnos de 4º de Primaria convertíronse en resposteiros por un día. Elaboraron ata seis receitas distintas e conseguiron premios á alimentación saudable, á orixinalidade... Aquí tedes unhas imaxes do obradoiro de respostería e da entrega de diplomas.



miércoles, 18 de abril de 2018

Xutanza no Auditorio de Pontevedra

O luns 2º e 3º de Primaria asistíu a un encontro cos actores Xosé Antonio Touriñán e Diana Nogueira. Aquí tedes unha imaxe do momento no que o noso alumnado subiu ao escenario para entrevistalos.


viernes, 13 de abril de 2018

Vémonos na Feira da Ciencia e da Literatura!

Non te perdas este sábado 14 de abril a Feira da Ciencia e Literatura na praza Massó!
O noso alumnado voluntario de 6º de Primaria ten moitas actividades que ofrecer para nenas e nenos: karaoke, bee-bot, m-bot, contacontos... Non podes faltar!



Obradoiro de Alfombras

Hoxe, xoves 12, a Asociación de Alfombristas de Bueu, estivo un ano máis no colexio ensinando a facer alfombras ao alumnado de 1º a 4º de Primaria. Foi unha actividade xenial.





Día dos bicos


Hoxe é o Día dos Bicos. Gústavos a manualidade que fixemos coa profe Olga? É un agasallo para alguén a quen queremos moito.

viernes, 6 de abril de 2018

Día do TEA (Trastorno do Espectro do Autismo)

Este venres 6 decoramos o colexio con globos azuis para dar visibilidade ao Trastorno do Espectro do Autismo. Cada familia recibiu o manifesto para informar sobre esta conmemoración e agradecémosvos a vosa colaboración con globos azuis. Aquí tedes unhas imaxes do colexio nesta data.


martes, 3 de abril de 2018

In tempore sueborum e paseo polo Sil

Hoxe viaxamos a Ourense para asistir á exposición In tempore sueborum. Pinchando no enlace podedes acceder á información sobre esta exposición. 
Ademais tivemos a sorte de ver unha exposición de maquetas de trens. 
Pola tarde paseamos en barco polo Sil, principal afluente do río Miño.
Aquí tedes unhas imaxes deste estupendo día de excursión.









Escola de Familias do Concello de Bueu

O vindeiro xoves 19 ás 20h na Sala Amalia Domínguez Búa (frente á praza de abastos), terá lugar a charla interactiva "Establecemento de normas e límites". Están convidadas a participar todas as familias dos centros educativos de Bueu. 

Para asistir é necesario inscribirse no formulario que lle entregamos ao alumnado e devolvelo cuberto á maior brevidade posible no colexio. Deixámosvos aquí tamén un modelo.