miércoles, 30 de mayo de 2018

Gañadores do Faro da Escola: premio de fotografía.

O luns 28 os cursos de 2º, 4º e 6º de primaria estivemos no Parque de Castrelos (precioso parque que vos animamos a visitar), para a entrega de premios do Faro da Escola, o concurso do Faro de Vigo no que participamos este ano con moitas noticias.

Acadamos o premio á fotografía de portada polo noso photo-call da Feira da Ciencia.

Moi nerviosos antes de Mergullándonos na Música

Aquí estamos os nenos e nenas de 1º preparados para mergullarnos na música. Actuamos un día para o alumnado e outro día para familias. Canta xente cabe na biblioteca!!!


O noso poema brilla con luz propia

Hoxe todo o alumnado quedou abraiado ao saír ao patio e atoparse co poema feito entre todo o alumnado do colexio. 
Cada nena e neno elaborou unha letra do poema de María Victoria Moreno. O resultado é fantástico. O domingo 3 haberá que ir a Bueu para ver o noso poema na rúa.


Limiar
Se eu achase a palabra
donda, escintilante,
tan lene coma o peito da andoriña,
tan rexa coma a face da verdade...
Se eu achase a palabra
de lume, de auga, de aire,
de terra aloumiñada pola brisa
que arrola cada tarde...
Se eu achase a palabra
limpa, espida, que cabe
no efémero latexo dun salouco
e abrangue a eternidade...
Se eu achase a palabra
de amor que iluminase
esta esfera que treme estarrecida
na sombra e na soidade...
Se eu achase a palabra
eu pintaría o planeta de paz e liberdade.

A semana da froita

Nesta derradeira semana do mes de maio, iniciamos a Semana da Froita.

Merendamos froita, grazas ao programa da Consellería de Medio Rural. Xa levamos albaricoques, sandía... que máis haberá? 

Ademais continuamos traballando sobre a auga e o máis sorprendente foi que cortando a sandía nos saíu... unha gota de sandía!!! Incrible!!! 

Aquí estamos coa gota de sandía que xurdiu ao partir a sandía.

viernes, 25 de mayo de 2018

31ª Semana Cultural e Letras Galegas

Entre o 14 e o 25 deste mes de maio, tivo lugar a nosa 31ª Semana Cultural e Letras Galegas. Un acontecemento que cada ano achega ao colexio diferentes actividades para todo o alumnado.

Un momento da cuadrangular de fútbol sala entre centros de Primaria de Bueu no Pavillón de Beluso.

O grupo de pandereteiras do colexio tocou e cantou para nós.


 Cancións e contos coa xente do Obradoiro de Memoria da Casa do Pobo de Beluso.

 Francisco Miranda contounos a súa experiencia da Fundación da CD Beluso.

 Aprendendo a navegar seguros pola rede.

Manolo Otero nos explica as posibles ubicacións do banco-miradoiro que solicitamos para Cabo Udra.

viernes, 4 de mayo de 2018

Correlingua 2018

Hoxe ESTIVEMOS no CoRrElInGuA en Bueu. Foi unha xuntanza espectacular de moitos colexios de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. O que máis nos gustou foi o concerto de Paco Nogueiras a prol do noso idioma. Os pequeniños xogaron e os maiores fixemos a andaina polas rúas de Bueu.
Queredes vernos? Aquí tedes algunhas imaxes: