viernes, 21 de octubre de 2016

WORLD OF ENGLISH

NEW! If you want to improve your English level, you can practice at home with the World of English blog. Se queres mellorar o teu nivel de inglés, podes practicar na casa co blog World of English.
 WOEBeluso

lunes, 20 de junio de 2016

OBRADOIRO DE PAN

O pasado venres o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixemos un obradoiro de pan na panadería Oliveira.

Cada un de nós amasamos un boliño de pan. E  mentres se cocía no forno , tomamos unha merenda estupenda.


jueves, 2 de junio de 2016

CORRELINGUA 2016

Por fin, o luns 30 de maio, puidemos celebrar o CORRELINGUA en Cangas.

Gustounos todo: a viaxe en autobús, o desfile polas rúas de Cangas, a merenda, pero ... o que máis nos gustou foi a actuación do grupo musical GRAMOLA GOMINOLA, que nos fixo disfrutar a tope bailando e cantando as súas cancións.


domingo, 13 de marzo de 2016

SAÍDA A VIGO

 O xoves pasado, os nenos e nenas de primeiro e segundo 
de Primaria, fixemos unha saída didáctica a Vigo.

 Primeiro,fomos a NATURNOVA  (Centro Interactivo de Educación Medioambiental) da Fundación ABANCA. Alí, aprendimos moitas cousas sobre as abellas; entramos nun submarino simulado e visitamos as tres salas do Centro:O UNIVERSO , O NOSO PLANETA e O HOME E O SEU 
MEDIO.

Logo,visitamos a exposición  "HÉROES ANIMADOS" da Fundación ABANCA.

E por último,fixemos un obradoiro sobre éste último tema.

PASÁMOLO XENIAL !!!



jueves, 17 de diciembre de 2015

CONTACONTOS PARA PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA

O pasado mércores, a nai de Paulo veu ao noso Cole contarnos o conto, creado por ela mesma, "La magia de la Navidad".

Gustounos moito e, para máis, ao final sorteou un agasallo para cada un de nós.

Pasámolo de marabilla!