O martes 25, o alumnado de 4º, 5º e 6º, acompañado das titoras e do teacher, asistiu no Auditorio de Afundación ABANCA á obra musical en inglés Freaky.
A continuación visitou as exposicións MAR INTERIOR de Miguelanxo Prado e AIRIÑOS AIRES ROSALÍA de Xurxo Lobato no Sexto Edificio do Museo.
jueves, 26 de enero de 2017
lunes, 19 de diciembre de 2016
viernes, 16 de diciembre de 2016
Drones no colexio
Hoxe impartiu unha charla para Primaria un experto en DRONs de AeroMorrazo. Deixounos claro que hai que ter certas precaucións para facelos voar e que non se deben considerar "xoguetes".
Todo o alumnado de Primaria estivo pendente das explicacións e, ao rematar, tanto o alumnado de Infantil como de Primaria, pudo disfrutar do voo de dous DRONs no patio do colexio (Phantom 4 e Spreading Wings S1000).
Moitas gracias por vir ao noso cole!
Todo o alumnado de Primaria estivo pendente das explicacións e, ao rematar, tanto o alumnado de Infantil como de Primaria, pudo disfrutar do voo de dous DRONs no patio do colexio (Phantom 4 e Spreading Wings S1000).
Moitas gracias por vir ao noso cole!
sábado, 3 de diciembre de 2016
Experimento volcán 3º
O pasado 22 de novembro fixemos un experimento. Como estamos aprendendo moitas cousas da Terra, quixemos facer unha simulación dun volcán na aula. Aproveitando que estábamos no mes da ciencia fixemos un pouquiño de científicos. A continuación podedes ver uns videos que amosan o resultado que tivemos. Alá vai!!!
sábado, 19 de noviembre de 2016
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Neste mes, os de 4º de Primaria, traballamos sobre a figura de Ángeles Alvariño. O libro de Lela Edicións "Un Ronsel de Ardora"serviu de inspiración para facer un video colaborativo cos nenos e nenas de 6º de Infantil.
viernes, 18 de noviembre de 2016
Separemos ben, reciclaremos mellor
O venres 18 de novembro estiveron con nós 3 expertos en reciclaxe que nos ensinaron en infantil e primaria o que se tira en cada contenedor para poder transformalo na planta de reciclaxe de SOGAMA. Agora xa estamos preparados para separar residuos na casa, na escola...
Para coidar un pouquiño máis a nosa contorna, podemos contribuir coas tres "R": Reducir, Reutilizar e Reciclar. A nós correspóndenos separar os residuos, para que a cadea continúe...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









