domingo, 12 de febrero de 2017

Raquel Queizás na biblio do cole

Raquel Queizás volveu contar contos na biblioteca do colexio. 
Nesta ocasión, o alumnado de 3º e 4º de Primaria a través dos seus contos viaxou por diferentes continentes.



jueves, 26 de enero de 2017

Xornada completa en Pontevedra.

O martes 25, o alumnado de 4º, 5º e 6º, acompañado das titoras e do teacher, asistiu no Auditorio de Afundación ABANCA á obra musical en inglés Freaky

A continuación visitou as exposicións MAR INTERIOR de Miguelanxo Prado e AIRIÑOS AIRES ROSALÍA de Xurxo Lobato no Sexto Edificio do Museo. 




viernes, 16 de diciembre de 2016

Drones no colexio

Hoxe impartiu unha charla para Primaria un experto en DRONs de AeroMorrazo. Deixounos claro que hai que ter certas precaucións para facelos voar e que non se deben considerar "xoguetes".






Todo o alumnado de Primaria estivo pendente das explicacións e, ao rematar, tanto o alumnado de Infantil como de Primaria, pudo disfrutar do voo de dous DRONs no patio do colexio (Phantom 4 e Spreading Wings S1000).

Moitas gracias por vir ao noso cole!

sábado, 3 de diciembre de 2016

Experimento volcán 3º

O pasado 22 de novembro fixemos un experimento. Como estamos aprendendo moitas cousas da Terra, quixemos facer unha simulación dun volcán na aula. Aproveitando que estábamos no mes da ciencia fixemos un pouquiño de científicos. A continuación podedes ver uns videos que amosan o resultado que tivemos. Alá vai!!!

sábado, 19 de noviembre de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

  Neste mes, os de 4º de Primaria, traballamos sobre a figura de Ángeles Alvariño. O libro de Lela Edicións "Un Ronsel de Ardora"serviu de inspiración para facer un video colaborativo cos nenos e nenas de 6º de Infantil.