miércoles, 21 de junio de 2017

O alumnado que remata Infantil visita 1º de Primaria

O derradeiro martes deste curso o alumnado de 6º de Infantil visitou a aula de 1º de Primaria para coñecer as aulas do corredor superior e preguntar aos nenos e nenas como foi a súa experiencia en Primaria. 

 Pincha para acceder ao blog de infantil

lunes, 19 de junio de 2017

A GALIÑA AZUL

  Animación feita coa técnica de STOP MOTION polo alumnado de 5º de primaria coa colaboración dos nenos e nenas de 6º de infantil.

jueves, 15 de junio de 2017

A estupenda excursión de 1º e 2º

Excursión á CASA DO PATRÓN en Lalín. Unha visita recomendable ao museo etnográfico, andaina e obradoiro de cerámica. Interesantísima!














viernes, 9 de junio de 2017

O alumnado de 6º visita o IES Illa de Ons

O alumnado de 6º de primaria dos colexios de Cela e Beluso visitou no día de hoxe o IES Illa de Ons, onde continuará a súa formación o vindeiro curso. Resultou unha actividade moi interesante e ademais nos invitaron a merendar e a xogar coa asociación Corredoiras. 


viernes, 19 de mayo de 2017

XXX SEMANA CULTURAL

A XXX Semana Cultural e Letras Galegas está a piques de rematar. Aquí tedes algunhas imaxes de diferentes actividades que se levaron a cabo ao longo dos últimos días.

 Casilda Alfaro e Fran Paredes

 Polo correo do vento.

Ledicia Costas co club de lectura.

miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES

 Estamos a traballar a figura deste ilustre autor galego.  para ampliar o noso coñecemente da súa vida e obras podemos facer estas actividades LIM, propostas por SEMINARIOGALAN.
  Hai para todas as idades.

AMOSA O QUE SABES!