O noso centro foi seleccionado pola Deputación de Pontevedra para participar no Congreso Revitaliza no mes de maio. O proxecto do noso centro enmárcase dentro do plan SOStibilidade que estamos a desenvolver este curso. Para participar no congreso, decidimos ir máis alá da simple recollida de restos orgánicos.
Todo o alumnado vai colaborar coa recollida dos restos orgánicos das súas merendas, co que se conseguirá o compost, e, ademais, o alumnado de 4º fará uso do método científico para coñecer o proceso de degradación de tres tipos diferentes de bolsa (plástica, biodegradable, compostable) que imos manter dentro do composteiro do cole.
Hoxe, na biblioteca, o alumnado de 4º presentou o proxecto ao resto do alumnado do colexio.
Aprende máis sobre compostaxe.
Aquí tedes unha imaxe durante a súa presentación.
Nestoutra imaxe, o alumnado presenta a nova actividade de reciclaxe para xogar co escornabot.