TERCEIRO TRIMESTRE (3ª y 4ª quincena).


TERCEIRA QUINCENA(14/05/20-28/05/20)


Ola nenos e nenas, a partir desta quincena as actividades, que propondrei a través deste blog, serán para 4º, 5º e 6º curso de primaria.

Esta Semana celebramos o “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” (17 de maio), este ano dedicado ao escritor RICARDO CARBALLO CALERO.
As propostas musicais para esta semana son:

-"Preguntoiro musical"escoita e aprende coa música, despois intenta facelo ti.



- Practica a Muiñeira da man de Pesdelán:





Para a seguinte semana, propóñovos que escoitedes e aprendades o “Himno galego”, deixovos un enlace onde o interpreta a cantante Lucía Pérez e a Asociación Galega de Sordos Río Lérez en linguaxe de signos:




E se vos animades, deixovos tamén a partitura para tocar coa frauta.
Partitura Himno galego:
 
4ª QUINCENA (28/05/20-11/06/20)

O día 5 de xuño celébrase o" Dia do Medio Ambiente" e o 8 de xuño o "Día Mundial dos Océanos" polo que as propostas musicais xirarán arredor destas dúas datas:

-Escoita, reflexiona sobre a letra e aprende a canción"Cambio climático":


-Inventa unha coreografía, deixovos un enlace onde podedes ver unha para inspirarvos :   https://www.youtube.com/watch?v=30MI5rSTNQc.

-Frauta: Repaso das partituras que tedes das quincenas anteriores.

FELIZ QUINCENA !!!!

P.D: Non esquezades os "Minutos musicais" que  tódolos sábados atoparedes no blog da biblioteca https://bibliomontemogos.blogspot.com/ .

No hay comentarios:

Publicar un comentario