O pasado venres, día 19 de decembro, por fin chegou o FESTIVAL DE NADAL.
Todo o alumnado de 3º e 4º de Primaria, despois de moitos ensaios, bailamos para todos
"España cañí" .
Pensamos que nos saiu moi ben.
FELICES FESTAS!
martes, 23 de diciembre de 2014
lunes, 22 de diciembre de 2014
DESEXOS PARA 2015
Este ano na clase de 5º de primaria queremos desexar un feliz ano 2015 para todo o mundo e especialmente para a CIENCIA:
5º de primaria fixemos a nosa postal de Nadal
- Que se descubra a vacina do ébola.
- Que se avance nos tratamentos de enfermidades raras.
- Que se poida curar o cancro
- Que os científicos e as científicas teñan medios dabondo para seguir investigando.
miércoles, 17 de diciembre de 2014
A mamá e o papá de Iria fixeron experimentos
Hoxe contamos na biblioteca cunha colaboración moi especial. A mamá e o papá de Iria de 1º fixeron experimentos para o alumnado de 1º e 2º de primaria. Foi moi interesante.
sábado, 13 de diciembre de 2014
POSTAIS - NADAL 2014
Os nenos e as nenas de 4º de Primaria elaboramos estas postais para felicitar o Nadal ás nosas familias.
domingo, 23 de noviembre de 2014
SAÍDA CULTURAL DE 3º E 4º DE PRIMARIA
O pasado luns 17 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria fixemos unha saída cultural.
A primeira parada foi na Escola Naval Militar de Marín. Alí realizamos unha visita guiada polas súas instalacións exteriores.
Ao rematar, achegámonos ao Centro Social "A Fundación" de Abanca para asistir á representación teatral "Wanda e o regato pequeno".
Pasámolo xenial !
A primeira parada foi na Escola Naval Militar de Marín. Alí realizamos unha visita guiada polas súas instalacións exteriores.
Ao rematar, achegámonos ao Centro Social "A Fundación" de Abanca para asistir á representación teatral "Wanda e o regato pequeno".
Pasámolo xenial !
martes, 11 de noviembre de 2014
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Foi un experiencia moi interesante:
- Fixemos experimentos con alimentos.
- Asistimos a unha pequena representación teatral entre un tomate natural e un transxénico.
- Plantamos coles no invernadoiro.
- Déronos o xantar
- Xogamos fóra a pesares da chuvia
- Buscamos aos monitores/as para conseguir elaborar unha dieta saudable e rica.
- Finalmente visitamos os animais.
Pasámolo moi ben e....
Esperamos volver!
martes, 7 de octubre de 2014
CONCURSO 1º e 2º de Primaria
Accede á información do concurso Debuxa o teu almorzo para 1º e 2º de Primaria. O prazo remata o 15 de outubro.
miércoles, 17 de septiembre de 2014
BENVIDOS
Este é o novo blogue de educación primaria do noso centro. Esperamos que o visitedes a menudo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)