jueves, 17 de diciembre de 2015

CONTACONTOS PARA PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA

O pasado mércores, a nai de Paulo veu ao noso Cole contarnos o conto, creado por ela mesma, "La magia de la Navidad".

Gustounos moito e, para máis, ao final sorteou un agasallo para cada un de nós.

Pasámolo de marabilla!





lunes, 14 de diciembre de 2015

DÍA DEREITOS HUMANOS



O dia 10 de decembro foi o DIA DOS DEREITOS HUMANOS e os alumnos e alumnas de sexto  fixemos unha pequena presentación para contarlles aos nosos compañeir@s como e cando se firmou a DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS [París,10 de decembro de 1848].

Ali explicamos que todos e todas temos os mesmos dereitos e liberdades e tamén cales son eses dereitos.
Por último cantamos "IMAGINE" de John Lennon.
Resultou unha experiencia agradable e un pouquiño emocionante.
                                                [Gisela Pérez Porto]

martes, 6 de octubre de 2015

SAÍDA A BUEU

O mércores da semana pasada todo o alumnado de 1º e 2º de Primaria baixamos andando a Bueu para facer a nosa primeira saída didáctica deste curso.

Ao chegar fomos ata o Museo Massó. Alí, despois de ver unha pequena película sobre a historia deste museo, realizamos unha visita guiada polas súas salas; especialmente pola adicada as baleas.

Logo fixemos dúas " collages" sobre estes enormes mamíferos mariños.

A continuación, merendamos no parque e, para rematar a saída, visitamos a praza de abastos.


jueves, 18 de junio de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O pasado martes o alumnado de 3º e 4º de Primaria saímos de excursión a Vigo.

Para empezar, fomos ao museo "MEIRANDE". Alí explicáronos cousas sobre a Batalla de Rande mediante un vídeo. Tamén nos ensinaron canóns e a adega e o camarote do capitán dun galeón daquela época. E probamos un escafandro antigo.
Encantoume.
José Martínez Estévez

Logo fomos visitar as instalacións do "FARO DE VIGO".
Na primeira planta estaba a sala de redacción. Dalí fomos ver un vídeo sobre a historia do xornal (que ten 150 anos) e outro de como o imprimen na actualidade.
Despois fixéronos unha foto de todo o grupo, que se vai publicar o próximo martes 23.
Para rematar visitamos o lugar onde se imprimen os xornais.
Ao saír déronos uns agasallos.
Foi divertido
Zulema Pereira Pérez

Continuamos a viaxe ata "A Madroa", onde comimos moi preto do "ZOO DE VIGO",  Alí o pasamos moi ben vendo moitos animais : tartarugas, aguias, osos, morcegos, llamas, serpes ...
Fernando Menduiña Soage

Para finalizar a excursión fomos ao "MARCO" (Museo de Arte Contemporáneo) e alí fixemos un obradoiro no que tiñamos que contar unha historia usando emoticonos. Logo vimos dúas salas máis, merendamos e ... de volta ao Cole.
Andrea Piñeiro Rozas


lunes, 4 de mayo de 2015

O DÍA DA NAI

    Os nenos e nenas de 4º de Primaria para felicitar ás nosas nais decoramos uns pratos con moito cariño.


miércoles, 22 de abril de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Un ano máis, para celebrar o "Día do libro"  fixemos no Colexio, os APADRIÑAMENTOS LECTORES.

    Á nosa clase de 4º tocounos ler contos, elexidos por nós, aos rapaces de 3º.

    A experiencia pareceunos interesante, creativa e divertida.

jueves, 19 de marzo de 2015

O DÍA DO PAI

  Hoxe,os nenos e nenas de 4º imos para casa moi felices, porque por fin chegou "O día do pai".

  Durante estas últimas semanas traballamos arreo para facerlles aos nosos pais un regalo moi especial :

  Con pasta de modelar fixemos unhas figuriñas, que logo pintamos, aprendemos a facer un nó plano de macramé e con todo esto construimos un chaveiro.

  Ademais decoramos unha postal de felicitación. 



sábado, 7 de marzo de 2015

SAÍDA A VIGO

  Este venres, día 6 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha visita cultural ao centro "Afundación (Abanca)" en Vigo.

  Primeiro, acudimos a unha exposición guiada de gravados do pintor Salvador Dalí.

  Logo, participamos nun obradoiro onde creamos animais imaxinarios, de estilo surrealista como os de Dalí. Tamén aprendimos como se fan gravados usando unha prensa chamada "tórculo".

  Despois dunha parada para merendar, no Centro de Educación Ambiental NATURNOVA, iniciamos unha visita interactiva na sala I: O universo, na sala II: O noso planeta e na sala III: O home e o seu medio, pasando antes por un submarino simulado.

  Foi unha visita onde, ademais de divertirnos, aprendemos moitas cousas.


lunes, 23 de febrero de 2015

NAVEGA CON RUMBO.

Hoxe, día 23 de febreiro de 2015, tivemos unha charla na aula de 6º sobre Internet:"Navega con rumbo". A charla foi impartida por Diego Garrido que traballa no Centro de Enxeñería Informática de Galicia.
Explicounos para que naceu cada programa de Internet como: Google, para buscar calquera cousa; Youtube, para ver vídeos e escoitar música; Trivago, para buscar hoteis...
Sobre todo falounos dos perigos da REDE como: GROOMING, SEXTING, CIBERBULLING, ...Tamén  que hai que tapar a webcam porque os craquers, que son os hackers malos, poden entrar no ordenador e vixiarnos sen que nos enteremos e podemos estar en roupa interior ou espidos ...
Non podemos mandar fotos comprometidas porque podennos chantaxear e pedirnos mais fotos e vídeos.Unha nena de Ourense mandoulle unha foto ao seu mozo e cando romperon, el colgou a foto e enterouse todo o pobo e ela e a súa familia tiveron que marchar lonxe. Hai nenos que perderon a vida e que se suicidaron por culpa das fotos que mandan por : Faceebok , Youtube , Tuenti, Skype,Line , E mule...
Xa o sabes, cando entres en INTERNET: "Moito sentidiño".

                   ( 5º de  PRIMARIA )

viernes, 13 de febrero de 2015

OS DE 4º E O ENTROIDO

   Despois de varias xornadas de traballo, preparando os disfraces, a copla e a pancarta, por fin chegou O ENTROIDO ao cole.

   Comezamos merendando na nosa clase postres típicos : filloas, chulas, orellas ... 

   Logo, puxemos os nosos disfraces de placas solares, collimos a pancarta e baixamos cara ao salón, facendo un pequeno desfile (que non puido ser máis grande por culpa da chuvia) diante das nosas familias.

   A continuación, cantamos de marabilla a nosa copla co son da pandeireta da nosa compañeira Lucía Pretel.

   Rematamos o día na clase con xogos e música. 

 
    

martes, 20 de enero de 2015

SPINDERELLA


Last Thursday, 15 th Janaury we went to Vigo to see a work theatre called "Spinderella".
It was about two sisters called Cindy and Becky. 
Cindy is nice, she is 17 years old and Becky is horrible, she is 23 
years old.
Cindy likes singing, swimming and football. Cindy cleans the house and dreams of singing on the TV karaoke show.
We liked it. It was funny!!
 

lunes, 19 de enero de 2015

DE NOVO NO MARCO

O pasado día 15 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º visitamos o Museo de Arte Contemporánea de Vigo para observar e comprender como con materiais de oficina tamén se poden crear obras de arte. Así nolo demostra IGNACIO URIARTE na súa exposición
                                        "Uns e ceros"