O pasado venres o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixemos un obradoiro de pan na panadería Oliveira. Cada un de nós amasamos un boliño de pan. E mentres se cocía no forno , tomamos unha merenda estupenda.
Por fin, o luns 30 de maio, puidemos celebrar o CORRELINGUA en Cangas. Gustounos todo: a viaxe en autobús, o desfile polas rúas de Cangas, a merenda, pero ... o que máis nos gustou foi a actuación do grupo musical GRAMOLA GOMINOLA, que nos fixo disfrutar a tope bailando e cantando as súas cancións.