O noso agradecemento ás familias e demais persoas que se achegaron ao colexio nesta data.
"Neste día, 15 de febreiro, celebramos o Día Internacional do Cancro Infantil.
Un día que ten como obxectivos sensibilizar e concienciar sobre a importancia
dos desafíos aos que se enfrontan os nenos, as nenas, adolescentes e as súas
familias; así como da necesidade de que toda a infancia en calquera lugar do
mundo teña acceso a un diagnóstico e tratamento precisos e a tempo.
O reto que supón superar o cancro pode e debe ser unha realidade. Esta
enfermidade que tanto asusta inicialmente, é curable nunha alta porcentaxe de
casos cun diagnóstico temperá e cos tratamentos axeitados. Para conseguilo
temos que loitar para que:
1º.- Todos os nenos e nenas con cancro sexan tratados en Unidades de
Referencia, que a súa vez manteñan un bo nivel de colaboración e coordinación
con outros centros. Que se manteña un Rexistro Nacional de Tumores Infantís,
coordinado coas distintas autonomías do país.
2º.- Xa que a detección temperá é un piar fundamental, debe forzarse un camiño
claro dende a atención primaria nos centros de saúde ata o hospital.
3º.- Que a atención social, psicolóxica e educativa sexa unha realidade dende o
momento do diagnóstico e ao longo de todo o proceso da enfermidade, tanto para
o neno como para a súa familia.
4º.- Que se preste unha atención especial nos cuidados paliativos, xa se leven
a cabo na casa ou no hospital.
5º.- Que se promova a investigación para conseguir tratamentos máis eficaces e
cos menores efectos secundarios.
Nos países desenvolvidos todas estas premisas, son alcanzables nun futuro
próximo se as institucións, profesionais e familias traballamos unidos.
Pero non hai que ignorar que unha porcentaxe elevada dos nenos con cancro vive
en países en vías de desenvolvemento, onde o diagnóstico e o tratamento non se
realizan correctamente.
Máis da metade destes nenos e nenas non terá acceso a un futuro. Estos nenos e
nenas tamén teñen dereito a medrar e en definitiva a VIVIR.
Gustarianos que compartirades con nós a ilusión de que o solicitado a través
deste manifesto sexa realidade en pro dos nenos e nenas que padecen esta
enfermidade.
Ademais, nun día como hoxe nos gustaría que, todos
xuntos, dedicásemos a todos e cada un dos nenos que están nestes momentos sendo
tratados de cancro, e a sus familias, uns minutos do noso tempo, un sorriso e
un abrazo, para que sintan o noso apoio, o noso afecto, e que non esquezan que,
sobre todo, cando todo volva á normalidade e regresen as súas escolas, nas súas
aulas, serán recibidos como sempre: con xogos, sorrisos e alegría.
E que os seus compañeiros e compañeiras non se
esquezan deles nestes duros momentos. Porque xuntos sumamos."
No hay comentarios:
Publicar un comentario