O día da muller, as mulleres do Obradoiro de Memoria da Casa do Pobo de Beluso xunto á psicóloga Sonia Ricoy, estiveron co alumnado de Infantil e Primaria contándolle as súas vivencias coa auga cando elas eran novas.
Resultou moi interesante e emocionante escoitalas falar dos baldes de auga, de poñer a roupa ao clareo, de ir buscar auga ao río, de como se bañaban daquela...
Estámoslle moi agradecidas a elas e a Sonia Ricoy por compartir connosco as súas experiencias e quedan as portas abertas para recibilas sempre que queran volver á escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario