domingo, 23 de noviembre de 2014

SAÍDA CULTURAL DE 3º E 4º DE PRIMARIA

  O pasado luns 17 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria fixemos unha saída cultural.



A primeira parada foi na Escola Naval Militar de Marín. Alí realizamos unha visita guiada polas súas instalacións exteriores.



Ao rematar, achegámonos ao Centro Social "A Fundación" de Abanca para asistir á representación teatral "Wanda e o regato pequeno".



Pasámolo xenial !









martes, 11 de noviembre de 2014

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

A pasada semana o alumnado de 5º e 6º de primaria visitamos a GRANXA O KIRIKO que está situada en Fornelos de Montes, ao pé do río Oitavén.
Foi un experiencia moi interesante:
  • Fixemos experimentos con alimentos.
  • Asistimos a unha pequena representación teatral entre un tomate natural e un transxénico.
  • Plantamos coles no invernadoiro.
  • Déronos o xantar
  • Xogamos fóra a pesares da chuvia
  • Buscamos aos monitores/as para conseguir elaborar unha dieta saudable e rica.
  • Finalmente visitamos os animais.  

Pasámolo moi ben e....

                                           Esperamos volver!