miércoles, 22 de enero de 2020

Unha escaleira con mensaxes

Hoxe as escaleiras de 1º a 4º de Primaria enchéronse de mensaxes. Queredes velas? Aquí as tedes nesta fotografía:


martes, 21 de enero de 2020

Xa chegou o novo material da Patrulla de Patio!

A PATRULLA DE PATIO de 5º de Primaria xa conta con novo material de xogo e unha caixa nova con rodas para transportar os xogos. Así o patio transfórmase nun espazo máis divertido e inclusivo. Entre o novo material atopamos trompos, un xogo para encestar pelotas, gomas elásticas, cordas...

miércoles, 15 de enero de 2020

Relaxámonos á chegada do recreo

O alumnado de 2º de Primaria desfruta moito coa relaxación tras o tempo de recreo. É un momento de descanso que posibilita un maior e mellor rendemento na actividade que realizará a continuación. Ademais aprovéitase a actividade para descubrir música relaxante con diferentes instrumentos musicais. Nesta imaxe o alumnado reláxase coa melodía dun saxofón e, a continuación, realízanse movementos coordinados coa respiración antes de iniciar o tempo de lectura.


Conferencia sobre acoso escolar

Outro curso máis, da man da Garda Civil, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibíu unha conferencia sobre acoso escolar. Trátase dunha das accións acometidas desde o centro para previr os conflitos nas relacións entre o alumnado.