viernes, 23 de marzo de 2018

22 de marzo - DÍA MUNDIAL DA AUGA

O 22 de marzo fixemos a nosa celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA. É unha data moi importante este curso para nós que estamos a traballar sobre a auga. Lemos o noso decálogo para o coidado da auga, cantamos a canción "Agua es" e inauguramos a exposición de auga de diferentes zonas. Queredes saber de onde conseguimos traer auga? De moitísimos lugares:

- Auga das fontes: Fontenova, Tomadelo, Hermelo, Lameiro, Regueira (Cangas), Abilleira (Bueu),  Fonte de Aldán, Vilar, Laxes, Río Rosa, Ramal dos Galos (Bueu), Sobalo, Foxo da Ameixoada (Moaña), Sanamedio, Valado (Bueu), Sar, Mogor (Marín), Socatelo, Montemogos, Fonte do Cura (Bueu), Fonte Fría (Cela)

- Auga das praias: Areas de Bon, A Roiba, Cunchosa, Portocelo (Marín), Tuia, Ancoradouro, Loureiro, Beluso.

- Auga dos ríos: Orxas (Aldán), Bispo (Bueu), Lameira (Marín), Inferno (Cela).

- Auga dos regatos: Figueirón e Ouril.

- Auga dos lavadoiros: lavadoiro do Peón e lavadoiro de Laxes.

- Auga dos lagos: Lago de Brazas e Lago Mansiño.

- Auga de moitos outros lugares: manantial dos montes de Ardán, porto de Bueu, pozo, chuvia, piscina.

Aquí tedes unhas imaxes da exposición e da nosa conmemoración do Día da Auga.



Obradoiro "Orientándonos no mar" no Museo Massó

Dentro do Club de Lectura "Vinte mil leguas de viaxe baixo o mar", o alumnado de 6º participou nunha visita guiada ao Museo Massó e no obradoiro "Orientándonos no mar" onde cada alumna e alumno fixo o seu cuadrante, un instrumento moi útil para a navegación.


Unha imaxe durante a proxección do audiovisual sobre a Batalla de Rande.


Unha imaxe durante o obradoiro de orientación martíma.

sábado, 17 de marzo de 2018

A función estelar dos magos de 4º

Para rematar a semana, o alumnado de 4º realizou unha exhibición de trucos de maxia para o alumnado de Infantil, 1º e 2º. Foron moitísimos os aplausos que recibiron e o certo é que nos deixaron abraiados con cada un dos trucos.


viernes, 9 de marzo de 2018

Día da Muller

O día da muller, as mulleres do Obradoiro de Memoria da Casa do Pobo de Beluso xunto á psicóloga Sonia Ricoy, estiveron co alumnado de Infantil e Primaria contándolle as súas vivencias coa auga cando elas eran novas.
Resultou moi interesante e emocionante escoitalas falar dos baldes de auga, de poñer a roupa ao clareo, de ir buscar auga ao río, de como se bañaban daquela...
Estámoslle moi agradecidas a elas e a Sonia Ricoy por compartir connosco as súas experiencias e quedan as portas abertas para recibilas sempre que queran volver á escola.



jueves, 1 de marzo de 2018

Caderno de Bitácora

Xa cheraron os primeiros "Cadernos de Bitácora" ao colexio. Trátase dunha achega solidaria pola que grazas á colaboración de todos os que formamos a comunidade educativa (nais, pais, persoal non docente, mestras, mestres, alumnado...) levaremos os cadernos que recibamos no cofre á una ONG que os repartirá entre nenas e nenos refuxiados.

Agardamos poder enviar o cofre cheo de cadernos, desde Beluso ata lugares menos favorecidos.