viernes, 14 de diciembre de 2018

Visita didáctica ao teatro

O alumnado de 1º, 2º e 3º o edificio do Café Moderno onde realizou un obradoiro artístico e asistiu a unha función de teatro no Auditorio de Pontevedra.

O sistema solar de 2º

O alumnado de 2º estivo traballando o sistema solar e, que mellor forma de aprender que o sol é a nosa estrela ou cales son os planetas do sistema, que representándoos en maquetas. Aquí tedes o resultado.


A visita dunha criminóloga á biblioteca do colexio

Lupita é criminóloga e estivo na biblioteca con Belusiña e co alumnado de 5º e 6º para amosarnos o seu traballo. Aprendemos que hai peritos especializados (peritos de armas, de pegadas...) e tamén os pasos a seguir na recollida de mostras ao chegar ao lugar onde se cometeu un crime. Resultou interesantísimo e foi moi sorprendente atoparnos a biblioteca na situación na que estaba cando entramos.


viernes, 26 de octubre de 2018

Saída didáctica a Vigo

O martes 23 o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistíu a unha obra de teatro en Vigo e a continuación visitou o Estadio de Balaídos. 







jueves, 21 de junio de 2018

Excursión de 1º, 2º e 3º

Os cursos de 1º, 2º e 3º de Primaria pasárono xenial na excursión de final de curso na Barosa. Ademais de percorrer a fervenza, aprenderon a amasar no obradoiro de pan. Aquí tedes algunhas imaxes do obradoiro.



Excursión de 5º e 6º de Primaria

O alumnado de 4º e 5º pasouno xenial na súa excursión de fin de curso xogando na auga: paddle surf, kayaks...


Fin de curso no colexio

Este fin de curso ademais de moito baile e saltos no hinchable, pasámolo en grande na festa da escuma grazas á ANPA Cabo Udra. Aquí tedes uns vídeos deste fantástico día.


Excursión de 6º de Primaria

O alumnado de 6º de Primaria, disfrutou dun día moi especial grazas ao noso paso á fase nacional do Concurso escolar da ONCE "Reinventemos a escola", por unha escola inclusiva. Aquí tedes unhas imaxes deste día no Parque Aventura Atalaia en Cotobade.



martes, 12 de junio de 2018

A figueira de Pelos Tortos

No día de hoxe, o alumnado de 3º de Primaria achegouse á Casa do Pobo de Beluso, onde convidaran ás súas familias, ás persoas maiores do Obradoiro de Memoria, ao Alcalde de Bueu e á concelleira de ensino, a asistir á representación da obra de teatro "A Figueira de Pelos Tortos". Ademais da obra, que resultou todo un éxito, o alumnado aproveitou para repartir o "Faro da Escola" co que obtivemos o premio de fotografía. 
O mellor de todo, os aplausos recibidos tras a actuación.



Visita a Primaria

Hoxe o alumnado de 6º de Infantil visitou ao alumnado de 1º de Primaria para resolver as súas dúbidas en relación coa nova etapa que comezan despois das vacacións de verán. Algunhas das dúbidas que lles plantexaron foron: Hai xoguetes? Que podemos facer no patio? Hai deberes? Hai alfombra?

Marcharon contentos porque o alumnado de 1º deixoulles claro que en Primaria se está... xenial!

viernes, 8 de junio de 2018

Visita ao IES Illa de Ons

Hoxe visitamos o IES Illa de Ons acompañados pola titora e a orientadora.

Cando chegamos alí recibíronos Silvia, a orientadora do Instituto, e Antón, o director do Instituto.

Ensináronos as distintas aulas, o patio, o ximnasio..., ademais de asistir a unha clase na que unhas alumnas fixeron unha danza e cantaron Perfect de Ed Sheeran.

O mellor de todo, a convivencia entre nós e o alumnado do CEIP A Torre-Cela, o CEIP A Pedra e o alumnado de 1º da ESO.


miércoles, 30 de mayo de 2018

Gañadores do Faro da Escola: premio de fotografía.

O luns 28 os cursos de 2º, 4º e 6º de primaria estivemos no Parque de Castrelos (precioso parque que vos animamos a visitar), para a entrega de premios do Faro da Escola, o concurso do Faro de Vigo no que participamos este ano con moitas noticias.

Acadamos o premio á fotografía de portada polo noso photo-call da Feira da Ciencia.

Moi nerviosos antes de Mergullándonos na Música

Aquí estamos os nenos e nenas de 1º preparados para mergullarnos na música. Actuamos un día para o alumnado e outro día para familias. Canta xente cabe na biblioteca!!!


O noso poema brilla con luz propia

Hoxe todo o alumnado quedou abraiado ao saír ao patio e atoparse co poema feito entre todo o alumnado do colexio. 
Cada nena e neno elaborou unha letra do poema de María Victoria Moreno. O resultado é fantástico. O domingo 3 haberá que ir a Bueu para ver o noso poema na rúa.


Limiar
Se eu achase a palabra
donda, escintilante,
tan lene coma o peito da andoriña,
tan rexa coma a face da verdade...
Se eu achase a palabra
de lume, de auga, de aire,
de terra aloumiñada pola brisa
que arrola cada tarde...
Se eu achase a palabra
limpa, espida, que cabe
no efémero latexo dun salouco
e abrangue a eternidade...
Se eu achase a palabra
de amor que iluminase
esta esfera que treme estarrecida
na sombra e na soidade...
Se eu achase a palabra
eu pintaría o planeta de paz e liberdade.

A semana da froita

Nesta derradeira semana do mes de maio, iniciamos a Semana da Froita.

Merendamos froita, grazas ao programa da Consellería de Medio Rural. Xa levamos albaricoques, sandía... que máis haberá? 

Ademais continuamos traballando sobre a auga e o máis sorprendente foi que cortando a sandía nos saíu... unha gota de sandía!!! Incrible!!! 

Aquí estamos coa gota de sandía que xurdiu ao partir a sandía.

viernes, 25 de mayo de 2018

31ª Semana Cultural e Letras Galegas

Entre o 14 e o 25 deste mes de maio, tivo lugar a nosa 31ª Semana Cultural e Letras Galegas. Un acontecemento que cada ano achega ao colexio diferentes actividades para todo o alumnado.

Un momento da cuadrangular de fútbol sala entre centros de Primaria de Bueu no Pavillón de Beluso.

O grupo de pandereteiras do colexio tocou e cantou para nós.


 Cancións e contos coa xente do Obradoiro de Memoria da Casa do Pobo de Beluso.

 Francisco Miranda contounos a súa experiencia da Fundación da CD Beluso.

 Aprendendo a navegar seguros pola rede.

Manolo Otero nos explica as posibles ubicacións do banco-miradoiro que solicitamos para Cabo Udra.

viernes, 4 de mayo de 2018

Correlingua 2018

Hoxe ESTIVEMOS no CoRrElInGuA en Bueu. Foi unha xuntanza espectacular de moitos colexios de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. O que máis nos gustou foi o concerto de Paco Nogueiras a prol do noso idioma. Os pequeniños xogaron e os maiores fixemos a andaina polas rúas de Bueu.
Queredes vernos? Aquí tedes algunhas imaxes:




lunes, 30 de abril de 2018

Visita do axente forestal

Hoxe recibimos a visita de dous axentes forestais acompañados dunha brigada. Deron unha charla a todo o alumnado e no patio fixeron unha exhibición coa motobomba. Todo o alumnado probou a mangueira para apagar un lume ficticio.


viernes, 27 de abril de 2018

Iniciándonos no uso dos portátiles

Esta semana o alumnado de 4º iniciouse no uso dos portátiles co fin de adquirir as competencias dixitais necesarias para o programa E-Dixgal no vindeiro curso. Emocionáronse moitísimo con cadanseu portátil e está a resultar unha actividade moi motivadora que terá continuidade neste último trimestre.



jueves, 19 de abril de 2018

Cociñando

Esta semana as alumnas e os alumnos de 4º de Primaria convertíronse en resposteiros por un día. Elaboraron ata seis receitas distintas e conseguiron premios á alimentación saudable, á orixinalidade... Aquí tedes unhas imaxes do obradoiro de respostería e da entrega de diplomas.



miércoles, 18 de abril de 2018

Xutanza no Auditorio de Pontevedra

O luns 2º e 3º de Primaria asistíu a un encontro cos actores Xosé Antonio Touriñán e Diana Nogueira. Aquí tedes unha imaxe do momento no que o noso alumnado subiu ao escenario para entrevistalos.


viernes, 13 de abril de 2018

Vémonos na Feira da Ciencia e da Literatura!

Non te perdas este sábado 14 de abril a Feira da Ciencia e Literatura na praza Massó!
O noso alumnado voluntario de 6º de Primaria ten moitas actividades que ofrecer para nenas e nenos: karaoke, bee-bot, m-bot, contacontos... Non podes faltar!



Obradoiro de Alfombras

Hoxe, xoves 12, a Asociación de Alfombristas de Bueu, estivo un ano máis no colexio ensinando a facer alfombras ao alumnado de 1º a 4º de Primaria. Foi unha actividade xenial.





Día dos bicos


Hoxe é o Día dos Bicos. Gústavos a manualidade que fixemos coa profe Olga? É un agasallo para alguén a quen queremos moito.