martes, 30 de enero de 2018

A play called 'Zapping' + un paseo polo río Lérez

Hoxe 4º, 5º e 6º de primaria tivemos un día moi especial.

No auditorio en Pontevedra asistimos a unha función en inglés titulada "Zapping". Podedes acceder a máis información sobre a mesma no blog do teacher: The World of English Beluso.

Despois, paseamos pola beira do río Lérez na zona da Xunqueira e xogamos nun dos mellores parques de Pontevedra.






jueves, 25 de enero de 2018

Aprendendo a resolver conflitos

O alumnado mediador está a traballar moi ben para axudar aos nenos e nenas que teñen conflitos de interacción social durante o recreo.

Nestas imaxes podedes ver como o alumnado mediador do colexio traballa a resolución de conflitos imaxinarios. 

1º) Lemos o conflito que ocorre para responder ás seguintes preguntas: Cal é o problema? Cales poden ser as causas? Como se senten os demais? Como me sinto eu?

2º) Recollemos posibles solucións ao conflito: se fago ..............., pasará ..............

3º) Exponemos ao resto da clase o problema, as posibles solucións e valoramos ditas solucións. 







jueves, 18 de enero de 2018

Quen vive aí?

Xa chegou Luz do obradoiro Revitaliza para comprobar con 1º e 2º se temos bichiños no composteiro do colexio!

Como ía moito frío tivemos que estar dentro do cole. Luz recolleu unha mostra no composteiro e coas lupas estivemos mirando os bichiños que hai entre o compost.

Aquí tedes unhas imaxes o obradoiro. Ademais deixounos unha exposición sobre a compostaxe que, se vos interesa, podedes vir a ver.