domingo, 19 de marzo de 2017

Recibimos un agasallo!

O venres o alumnado de 5º e 6º de primaria abriu o agasallo que realizou ao colexio o Centro de Información ás Mulleres pola nosa colaboración nas curtas sobre a igualdade entre mulleres e homes
Xa o estreamos. Foi todo un éxito!

jueves, 9 de marzo de 2017

8M Día da Muller

O 8 de marzo o alumnado de 5º e 6º asistiu á presentación dos audiovisuais nos que traballaron ao longo deste curso en relación coa igualdade entre mulleres e homes.

Trampas para avespa velutina

O ano pasado, Franciso Ogando, apicultor da Asociación do Morrazo de Apicultoras/es, estivo co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Este ano é a quenda do alumnado de 3º e 4º de Primaria quen recibiu a charla do apicultor e colaborou na elaboración de trampas para atrapar ao principal inimigo actual das abellas, a avespa velutina.


Semana da Prensa



Do 13 ao 17 de Marzo se celebra a Semana da Prensa e traballamos nas clases co Diario de Pontevedra, que repartiu aos coles prensa diaria para o traballo cun suplemento para aprender sobre as seccións dun periódico, o nome de cada parte dunha noticia e incluso nos convertemos en redactoras e redactores por un día.