miércoles, 20 de diciembre de 2017

Da Vinci, the exhibition

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria visitou a exposición "Da Vinci" en Vigo.





Trátase dunha exposición moi interesante que podedes visitar en familia. Estará ata o 4 de marzo na nave "El Tinglado" (ao lado do edificio da Xunta).

jueves, 14 de diciembre de 2017

Recollida de alimentos polo Nadal

Xa están a chegar os primeiros alimentos para as persoas máis necesitadas da zona. 

Coa axuda do profesorado e das familias do colexio agardamos encher o caixón de alimentos, sobre todo de alimentos infantiles.

Ao remate os alimentos serán entregados a Cáritas.



martes, 5 de diciembre de 2017

O Pergamiño Vindel e o Museo do Mar de Galicia

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria visitou o Museo do Mar de Galicia para coñecer de primeira man o pergamiño Vindel e visitar o acuario.

Podedes acceder a máis información sobre o pergamiño Vindel desde aquí.

Aquí vos deixamos unhas imaxes da  visita.








lunes, 4 de diciembre de 2017

O banco cooperativo

As mediadores e os mediadores de 6º poñemos en práctica os termos novos que aprendemos relacionados coa convivencia, a igualdade, a inclusión... xogando aprendemos a cooperar.

jueves, 30 de noviembre de 2017

O método científico por 1º de Primaria

O achegamento ao método científico foi o que traballaron nestas últimas semanas os nenos e as nenas de 1º de Primaria.
Hoxe tivo lugar a exposición aos compañeiros e compañeiras de primaria dos seus experimentos e deixaron moitas preguntas no aire para que cadaquén as investigue coa axuda dos libros da biblioteca.
Aquí pódense observar imaxes da exposición sobre a flotabilidade, cambio de estado da auga...

 Mollará ou non mollará o xeo o exterior do recipiente?

 A expectación é máxima cando comprobamos que a plastilina que afundira, agora non vai ao fondo!

 Con moito coidado, para non botar auga por fóra.

Comprobamos que despois dun ratiño, o recipiente co xeo... está mollado!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Faro da Escola

Hoxe, co alumnado de Primaria, estivo un equipo do Faro de Vigo para encomendarlle o labor de redactar noticias que acontezan na escola ou noutro lugar de Beluso, co fin de acadar, ao final do curso, que cada nena e neno teña o seu propio periódico coas noticias elaboradas por elas/eles mesmas/os.
Todas as nenas e nenos vanse convertir en xornalistas, redactores, fotógrafos...
Toda unha experiencia!


martes, 28 de noviembre de 2017

Recibimos o noso composteiro

Hoxe todo o alumnado do colexio aprendeu a empregar o composteiro para facer abono cos restos de froitas, pan... mais o estruturante (restos triturados de poda). Cada grupo de alumnado terá a misión semanal de comprobar o bo funcionamento do composteiro. Dentro duns meses, Luz, a monitora do programa, traeranos unhas lupas para observar se viven bichiños dentro do noso composteiro.






lunes, 27 de noviembre de 2017

O xogo da compostaxe

Este curso embarcámonos no proxecto Revitaliza da Deputación de Pontevedra co fin de fomentar a reciclaxe e poñer en marcha o composteiro no patio da escola. Hoxe o alumnado de 1º e 2º de Primaria aprendeu xogando o que supón empregar o composteiro. A partir de mañá teremos o noso composteiro e comezaremos a facer un bo uso del.



viernes, 24 de noviembre de 2017

Miguel e Sabela reciben cadansúa mención honorífica.

Hoxe, 24 de novembro, un día antes da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar a entrega de premios ao alumnado que participou no XV Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero, organizado polo CIM de Bueu. As familias e representantes do profesorado acompañaron a Miguel Barreiro Vilas de 5º de Primaria e a Sabela Cancelas León de 6º de Primaria nesta data tan especial que seguro que non esquecerán. Aquí tedes imaxes da entrega dos premios.



Mentres, no colexio, as nenas e nenos de Infantil e Primaria disfrutaron de diferentes actividades que buscan promover a igualdade de dereitos para todas as persoas, sen condicionantes como o sexo, o xénero, a relixión, a cor da pel...

https://bibliomontemogos.blogspot.com.es/2017/11/25-de-novembrodia-da-non-violencia-de.html

viernes, 17 de noviembre de 2017

Do colexio á EDAR de Bueu

Hoxe fomos 5º e 6º de Primaria camiñando desde o colexio ata a EDAR (Estación de depuración de augas residuais) do Concello de Bueu. Despois dunha boa andaina, chegamos á Cabalo, onde nos agardaba o responsable da estación, quen nos explicou as diferentes partes do proceso da depuración e nos explicou que produtos nos debemos tirar ao inodoro para facilitar o traballo de saneamento. Aquí tedes algunhas fotos da visita, nalgunhas saímos tapando o nariz porque nalgunhas zonas o cheiro era desagradable.


viernes, 3 de noviembre de 2017

Retrouso no colexio

Hoxe dous membros da agrupación musical Retrouso estiveron no colexio para amosar a todo o alumnado distintos instrumentos tradicionais.
Tamén nos ofreceron a posibilidade de iniciarnos da súa man na música tradicional galega.
Resultou moi interesante e divertido. Que ben tocan!

sábado, 28 de octubre de 2017

Excursión a Ourense: moita auga!

Aquí tedes unhas fotografías da excursión de 4º, 5º e 6º de Primaria a Ourense, onde visitamos a exposición "H2OH!", as fontes das Burgas, a ponte romana, a catedral... e ata nos bañamos nas termas de Outariz. Tivemos un día estupendo e disfrutamos dabondo.





lunes, 23 de octubre de 2017

Obradoiro sobre estereotipos de xénero.

Hoxe estivo Beatriz Monroy Cardosa, psicóloga do Centro de Información ás Mulleres (CIM) co alumnado de 5º e 6º de Primaria. 
O obxectivo do obradoiro consistiu en aprender a identificar estereotipos de xénero e desmontalos. 



jueves, 5 de octubre de 2017

Aprendendo a salvar vidas

Hoxe o alumnado de 4º e 5º de Primaria tivo a sorte de que Catuxa da Cruz Vermella viñera ao colexio para ensinarlles como se pode salvar unha vida
A través da práctica cada alumna/o pudo aprender a socorrer a unha persoa que se atraganta, que se atopa inconsciente, que precisa dunha RCP (reanimación cardiopulmonar)... e ademais aprenderon que o número de teléfono 112 é vital en caso de emerxencia. Aquí tedes unhas imaxes desta sesión.


miércoles, 21 de junio de 2017

O alumnado que remata Infantil visita 1º de Primaria

O derradeiro martes deste curso o alumnado de 6º de Infantil visitou a aula de 1º de Primaria para coñecer as aulas do corredor superior e preguntar aos nenos e nenas como foi a súa experiencia en Primaria. 

 Pincha para acceder ao blog de infantil

lunes, 19 de junio de 2017

A GALIÑA AZUL

  Animación feita coa técnica de STOP MOTION polo alumnado de 5º de primaria coa colaboración dos nenos e nenas de 6º de infantil.

jueves, 15 de junio de 2017

A estupenda excursión de 1º e 2º

Excursión á CASA DO PATRÓN en Lalín. Unha visita recomendable ao museo etnográfico, andaina e obradoiro de cerámica. Interesantísima!














viernes, 9 de junio de 2017

O alumnado de 6º visita o IES Illa de Ons

O alumnado de 6º de primaria dos colexios de Cela e Beluso visitou no día de hoxe o IES Illa de Ons, onde continuará a súa formación o vindeiro curso. Resultou unha actividade moi interesante e ademais nos invitaron a merendar e a xogar coa asociación Corredoiras.