jueves, 30 de noviembre de 2017

O método científico por 1º de Primaria

O achegamento ao método científico foi o que traballaron nestas últimas semanas os nenos e as nenas de 1º de Primaria.
Hoxe tivo lugar a exposición aos compañeiros e compañeiras de primaria dos seus experimentos e deixaron moitas preguntas no aire para que cadaquén as investigue coa axuda dos libros da biblioteca.
Aquí pódense observar imaxes da exposición sobre a flotabilidade, cambio de estado da auga...

 Mollará ou non mollará o xeo o exterior do recipiente?

 A expectación é máxima cando comprobamos que a plastilina que afundira, agora non vai ao fondo!

 Con moito coidado, para non botar auga por fóra.

Comprobamos que despois dun ratiño, o recipiente co xeo... está mollado!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Faro da Escola

Hoxe, co alumnado de Primaria, estivo un equipo do Faro de Vigo para encomendarlle o labor de redactar noticias que acontezan na escola ou noutro lugar de Beluso, co fin de acadar, ao final do curso, que cada nena e neno teña o seu propio periódico coas noticias elaboradas por elas/eles mesmas/os.
Todas as nenas e nenos vanse convertir en xornalistas, redactores, fotógrafos...
Toda unha experiencia!


martes, 28 de noviembre de 2017

Recibimos o noso composteiro

Hoxe todo o alumnado do colexio aprendeu a empregar o composteiro para facer abono cos restos de froitas, pan... mais o estruturante (restos triturados de poda). Cada grupo de alumnado terá a misión semanal de comprobar o bo funcionamento do composteiro. Dentro duns meses, Luz, a monitora do programa, traeranos unhas lupas para observar se viven bichiños dentro do noso composteiro.






lunes, 27 de noviembre de 2017

O xogo da compostaxe

Este curso embarcámonos no proxecto Revitaliza da Deputación de Pontevedra co fin de fomentar a reciclaxe e poñer en marcha o composteiro no patio da escola. Hoxe o alumnado de 1º e 2º de Primaria aprendeu xogando o que supón empregar o composteiro. A partir de mañá teremos o noso composteiro e comezaremos a facer un bo uso del.



viernes, 24 de noviembre de 2017

Miguel e Sabela reciben cadansúa mención honorífica.

Hoxe, 24 de novembro, un día antes da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar a entrega de premios ao alumnado que participou no XV Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero, organizado polo CIM de Bueu. As familias e representantes do profesorado acompañaron a Miguel Barreiro Vilas de 5º de Primaria e a Sabela Cancelas León de 6º de Primaria nesta data tan especial que seguro que non esquecerán. Aquí tedes imaxes da entrega dos premios.



Mentres, no colexio, as nenas e nenos de Infantil e Primaria disfrutaron de diferentes actividades que buscan promover a igualdade de dereitos para todas as persoas, sen condicionantes como o sexo, o xénero, a relixión, a cor da pel...

https://bibliomontemogos.blogspot.com.es/2017/11/25-de-novembrodia-da-non-violencia-de.html

viernes, 17 de noviembre de 2017

Do colexio á EDAR de Bueu

Hoxe fomos 5º e 6º de Primaria camiñando desde o colexio ata a EDAR (Estación de depuración de augas residuais) do Concello de Bueu. Despois dunha boa andaina, chegamos á Cabalo, onde nos agardaba o responsable da estación, quen nos explicou as diferentes partes do proceso da depuración e nos explicou que produtos nos debemos tirar ao inodoro para facilitar o traballo de saneamento. Aquí tedes algunhas fotos da visita, nalgunhas saímos tapando o nariz porque nalgunhas zonas o cheiro era desagradable.


viernes, 3 de noviembre de 2017

Retrouso no colexio

Hoxe dous membros da agrupación musical Retrouso estiveron no colexio para amosar a todo o alumnado distintos instrumentos tradicionais.
Tamén nos ofreceron a posibilidade de iniciarnos da súa man na música tradicional galega.
Resultou moi interesante e divertido. Que ben tocan!