jueves, 13 de febrero de 2020

Máis que 3R no cole Montemogos

O noso centro foi seleccionado pola Deputación de Pontevedra para participar no Congreso Revitaliza no mes de maio. O proxecto do noso centro enmárcase dentro do plan SOStibilidade que estamos a desenvolver este curso. Para participar no congreso, decidimos ir máis alá da simple recollida de restos orgánicos.

Todo o alumnado vai colaborar coa recollida dos restos orgánicos das súas merendas, co que se conseguirá o compost, e, ademais, o alumnado de 4º fará uso do método científico para coñecer o proceso de degradación de tres tipos diferentes de bolsa (plástica, biodegradable, compostable) que imos manter dentro do composteiro do cole.

Hoxe, na biblioteca, o alumnado de 4º presentou o proxecto ao resto do alumnado do colexio.

Aprende máis sobre compostaxe.

Aquí tedes unha imaxe durante a súa presentación.


 Nestoutra imaxe, o alumnado presenta a nova actividade de reciclaxe para xogar co escornabot.

martes, 11 de febrero de 2020

UN CAN CHEO DE ÓSOS

O alumnado de 3º de Primaria deixou abraiado a todo o cole coa súa presentación da clasificación dos animais en vertebrados e invertebrados. Ademais, trouxeron un esquelete real dun can e fórono montando, óso a óso. Foi unha experiencia moi interesante!
Aquí atoparás máis imaxes da actividade. E aquí podedes acceder á súa presentación:


sábado, 8 de febrero de 2020

Saúde na escola por Érguete

O alumnado de 6º comezou esta semana un obradoiro que continuará a vindeira semana sobre prevención da adicción ás drogas impartido por María, técnica da Asociación Érguete para a prevención e intervención en condutas adictivas.

Na última semana do mes, o obradoiro centrarase na prevención da adicción ás tecnoloxías (móbiles, videoxogos, redes sociais...). O feito de que se imparta este obradoiro dende a Asociación Érguete débese a que os síntomas que provocan ambas adiccións son moi similares.