lunes, 4 de mayo de 2015

O DÍA DA NAI

    Os nenos e nenas de 4º de Primaria para felicitar ás nosas nais decoramos uns pratos con moito cariño.


miércoles, 22 de abril de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Un ano máis, para celebrar o "Día do libro"  fixemos no Colexio, os APADRIÑAMENTOS LECTORES.

    Á nosa clase de 4º tocounos ler contos, elexidos por nós, aos rapaces de 3º.

    A experiencia pareceunos interesante, creativa e divertida.

jueves, 19 de marzo de 2015

O DÍA DO PAI

  Hoxe,os nenos e nenas de 4º imos para casa moi felices, porque por fin chegou "O día do pai".

  Durante estas últimas semanas traballamos arreo para facerlles aos nosos pais un regalo moi especial :

  Con pasta de modelar fixemos unhas figuriñas, que logo pintamos, aprendemos a facer un nó plano de macramé e con todo esto construimos un chaveiro.

  Ademais decoramos unha postal de felicitación. 



sábado, 7 de marzo de 2015

SAÍDA A VIGO

  Este venres, día 6 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha visita cultural ao centro "Afundación (Abanca)" en Vigo.

  Primeiro, acudimos a unha exposición guiada de gravados do pintor Salvador Dalí.

  Logo, participamos nun obradoiro onde creamos animais imaxinarios, de estilo surrealista como os de Dalí. Tamén aprendimos como se fan gravados usando unha prensa chamada "tórculo".

  Despois dunha parada para merendar, no Centro de Educación Ambiental NATURNOVA, iniciamos unha visita interactiva na sala I: O universo, na sala II: O noso planeta e na sala III: O home e o seu medio, pasando antes por un submarino simulado.

  Foi unha visita onde, ademais de divertirnos, aprendemos moitas cousas.


lunes, 23 de febrero de 2015

NAVEGA CON RUMBO.

Hoxe, día 23 de febreiro de 2015, tivemos unha charla na aula de 6º sobre Internet:"Navega con rumbo". A charla foi impartida por Diego Garrido que traballa no Centro de Enxeñería Informática de Galicia.
Explicounos para que naceu cada programa de Internet como: Google, para buscar calquera cousa; Youtube, para ver vídeos e escoitar música; Trivago, para buscar hoteis...
Sobre todo falounos dos perigos da REDE como: GROOMING, SEXTING, CIBERBULLING, ...Tamén  que hai que tapar a webcam porque os craquers, que son os hackers malos, poden entrar no ordenador e vixiarnos sen que nos enteremos e podemos estar en roupa interior ou espidos ...
Non podemos mandar fotos comprometidas porque podennos chantaxear e pedirnos mais fotos e vídeos.Unha nena de Ourense mandoulle unha foto ao seu mozo e cando romperon, el colgou a foto e enterouse todo o pobo e ela e a súa familia tiveron que marchar lonxe. Hai nenos que perderon a vida e que se suicidaron por culpa das fotos que mandan por : Faceebok , Youtube , Tuenti, Skype,Line , E mule...
Xa o sabes, cando entres en INTERNET: "Moito sentidiño".

                   ( 5º de  PRIMARIA )

viernes, 13 de febrero de 2015

OS DE 4º E O ENTROIDO

   Despois de varias xornadas de traballo, preparando os disfraces, a copla e a pancarta, por fin chegou O ENTROIDO ao cole.

   Comezamos merendando na nosa clase postres típicos : filloas, chulas, orellas ... 

   Logo, puxemos os nosos disfraces de placas solares, collimos a pancarta e baixamos cara ao salón, facendo un pequeno desfile (que non puido ser máis grande por culpa da chuvia) diante das nosas familias.

   A continuación, cantamos de marabilla a nosa copla co son da pandeireta da nosa compañeira Lucía Pretel.

   Rematamos o día na clase con xogos e música.