O pasado martes o alumnado de 3º e 4º de Primaria saímos de excursión a Vigo.
Para empezar, fomos ao museo "MEIRANDE". Alí explicáronos cousas sobre a Batalla de Rande mediante un vídeo. Tamén nos ensinaron canóns e a adega e o camarote do capitán dun galeón daquela época. E probamos un escafandro antigo.
Encantoume.
José Martínez Estévez
Logo fomos visitar as instalacións do "FARO DE VIGO".
Na primeira planta estaba a sala de redacción. Dalí fomos ver un vídeo sobre a historia do xornal (que ten 150 anos) e outro de como o imprimen na actualidade.
Despois fixéronos unha foto de todo o grupo, que se vai publicar o próximo martes 23.
Para rematar visitamos o lugar onde se imprimen os xornais.
Ao saír déronos uns agasallos.
Foi divertido
Zulema Pereira Pérez
Continuamos a viaxe ata "A Madroa", onde comimos moi preto do "ZOO DE VIGO", Alí o pasamos moi ben vendo moitos animais : tartarugas, aguias, osos, morcegos, llamas, serpes ...
Fernando Menduiña Soage
Para finalizar a excursión fomos ao "MARCO" (Museo de Arte Contemporáneo) e alí fixemos un obradoiro no que tiñamos que contar unha historia usando emoticonos. Logo vimos dúas salas máis, merendamos e ... de volta ao Cole.
Andrea Piñeiro Rozas
No hay comentarios:
Publicar un comentario