O xoves pasado, os nenos e nenas de primeiro e segundo
de Primaria, fixemos unha saída didáctica a Vigo.
Primeiro,fomos a NATURNOVA (Centro Interactivo de Educación Medioambiental) da Fundación ABANCA. Alí, aprendimos moitas cousas sobre as abellas; entramos nun submarino simulado e visitamos as tres salas do Centro:O UNIVERSO , O NOSO PLANETA e O HOME E O SEU
MEDIO.
Logo,visitamos a exposición "HÉROES ANIMADOS" da Fundación ABANCA.
E por último,fixemos un obradoiro sobre éste último tema.
PASÁMOLO XENIAL !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario