jueves, 18 de enero de 2018

Quen vive aí?

Xa chegou Luz do obradoiro Revitaliza para comprobar con 1º e 2º se temos bichiños no composteiro do colexio!

Como ía moito frío tivemos que estar dentro do cole. Luz recolleu unha mostra no composteiro e coas lupas estivemos mirando os bichiños que hai entre o compost.

Aquí tedes unhas imaxes o obradoiro. Ademais deixounos unha exposición sobre a compostaxe que, se vos interesa, podedes vir a ver.


No hay comentarios:

Publicar un comentario