O alumnado de 2º de Primaria desfruta moito coa relaxación tras o tempo de recreo. É un momento de descanso que posibilita un maior e mellor rendemento na actividade que realizará a continuación. Ademais aprovéitase a actividade para descubrir música relaxante con diferentes instrumentos musicais. Nesta imaxe o alumnado reláxase coa melodía dun saxofón e, a continuación, realízanse movementos coordinados coa respiración antes de iniciar o tempo de lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario