jueves, 12 de noviembre de 2020

Exposición de pedras ou "Tellos"

 

O noso alumnado realizou un excelente traballo buscando e decorando as súas pedras para xogar á "mariola". Mediante o mesmo, os nenos e nenas traballan a puntería, o equilibrio e a coordinación mestres se divirte. Este xogo tamén o coñecemos por moitos outros nomes en función do territorio no que se xogue: "pelete",  "mariquitilla", "rayuela", etc. 

Para nós é un auténtico luxo dar a coñecer o magnífico resultado a través das seguintes imaxes:

1º de primaria


2º de primaria


3º de primaria


4º de primaria


5º de primaria


6º de primaria











viernes, 18 de septiembre de 2020

Recreos Residuos 0 - Teachers for Future

Continuamos formando parte de Recreos Residuos 0 e precisamos da colaboración das familias para reducir a cantidade de lixo que se desbota. Preferimos aumentar os restos orgánicos que van ao composteiro do cole e evitar envoltorios de plástico, aluminio...


Aquí tedes imaxes de merendas que procuran o coidado do noso planeta.

Está nas nosas mans acadalo!  #teachersforfutu
re   🌍




domingo, 15 de marzo de 2020

Traballo para facer nestes días sen clase

Nesta páxina imos incluír o traballo programado polo profesorado titor e especialista para os 14 días de suspensión das tarefas lectivas que decretou o goberno.
Por favor, FAI CLIC en cada un dos cursos ou especialidades para acceder ao material.
Cómpre lembrar que estas tarefas non terán carácter avaliable.

4º Infantil: A titora entregou fichas.

5º Infantil: A titora entregou fichas.

6º Infantil: A titora ofrece suxestións para estes días na casa. Están accesibles dende o BLOG DE INFANTIL


1º de Educación Primaria

2º de Educación Primaria

3º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria: O mestre indicou as tarefas a realizar polo alumnado nestes días sen clases presenciais.

Para a terceira semana:

5º de Educación Primaria: O mestre faille chegar material e tarefas ao alumnado por medio de EVA E-Dixgal.

6º de Educación Primaria:  o profesorado faille chegar material e tarefas ao alumnado por medio de EVA E-Dixgal.




Para o alumnado de Infantil


INGLÉS INFANTIL



Para o alumnado de 1º e 2º de primaria 

INGLÉS 1º de Educación Primaria



ENGLISH 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria:

Para o alumnado de 3º e 4º de primaria estase a publicar un planning semanal no blog de inglés con instruccións, vídeos, cancións e tarefas. Accede ao blog en http://woebeluso.blogspot.com/

Para o alumnado de 5º e 6º de primaria estase a publicar un planning semanal no blog de inglés con instruccións para traballar no entorno EVA de E-Dixgal. Accede ao blog en http://woebeluso.blogspot.com/

O mestre Víctor Fernández está en contacto coas familias a través do servizo de mensaxería AbalarMóbil e o correo electrónico victoronlinelessons@gmail.com


ARTS & CRAFTS 1º & 2º DE PRIMARIA


Para o alumnado de 5º e 6º de primaria estase a publicar unha proposta artística semanal no blog de inglés. Tamén se lle fai chegar ás familias esta proposta por AbalarMóbil.

 Accede en http://woebeluso.blogspot.com/

---------------------------------------------------------------------------

montemogosorienta.blogspot.com/

Recursos do Departamento de Orientación. 👧👦👩

----------------------------------------------------------------------


Cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos os vosos arquivos! 


ACCEDE ÁS LECTURA DE CADA DÍA NO BLOG DA BIBLIO.

---------------------------------------------------------------------------

MÚSICA 


Para acceder ás actividades, xogos e vídeos do 2º trimestre fai clic na seguinte ligazón. Música 2º trimestre


Ola a todos e todas! Son a profe Sole, a partir de agora, eu serei a vosa profe de música. Estou encantada de volver a estar con vós. 
 Gustaríame que a miña volta fose noutras circunstancias, desexo que esta situación acabe pronto e que podamos vernos no cole e saudarnos cun forte abrazo.
Mentras tanto, cada quincena deixareivos -neste blog- unha proposta musical para facer na casa.
Moitos bicos  e moito ánimo!!!
Podedes acceder ás actividades de música para este trimestre na seguinte ligazón: Música 3º trimestre(1ª-2ºQuincena)
                             Música 3º trimestre (3ª-4ª Quincena)
                             Música 3º Trimestre( última quincena)

                 Boa quincena e lembrade: A vida con música é mellor!!


----------------------------------------------------------------------

Si facedes clic neste link: ACTIVIDADES RELIXIÓN, atoparedes varias propostas de actividades de traballo para repasar. Podedes facelas en folios ou libretas que teñades a man.
Xa sei que teredes otras tarefas pero trátase de que fagades o que boamente poidades e saibades ( 1 ou 2 cada catro ou cinco días), e se algo non entendedes, deixádeo e á volta xa falamos.
Repito, con calma e sen agobios, para entreterse e lembrar o dado.
Os de 5º e 6º consultade os temas 1, 2, 3 xa dados de Netex na plataforma Edixgal.

----------------------------------------------------------------------

EDUCACIÓN FÍSICA




ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA

3º TRIMESTRE

Atoparemos as propostas de actividade física para facer en casa na seguinte ligazón que nos leva directamente ao Blog específico de Educación Física:
https://edufisbeluso.blogspot.com/2020/04/actividad-fisica-en-casa-3-trimestre.html

Tarefa para entregar: https://edufisbeluso.blogspot.com/2020/04/cuestionario-de-actividad-fisica.html

2º TRIMESTRE

A continuación atopamos diferentes ligazóns a vídeos seleccionados para facer actividade física na casa.  Anímate a facer as rutinas propostas e recorda que a actividade física é saúde.

1º e 2º de PRIMARIA:
Ponte en forma en familia 1: rutina sinxela ideal para facer en familia https://www.youtube.com/watch?v=x_T-IZU1CQg
Zumba Kids: aprendemos e practicamos a seguinte coreografía:
https://www.youtube.com/watch?v=GRM9h8EQ6Bw

3º e 4º DE PRIMARIA:
Ponte en forma 1:  estupenda rutina moi fácil de seguir e ideal para facer polas mañás. Inclúe estrelas, burpees, estiramentos e moito máis:
https://www.youtube.com/watch?v=oc4QS2USKmk
Ponte en forma 2: se queres un pouquiño máis atrévete con esta.
https://www.youtube.com/watch?v=MKVe4Zs6KRk
Zumba fitnes; aprendemos e practicamos esta coreografía:
https://www.youtube.com/watch?v=wpz36D0WaDg
Retos individuais coa comba ¿Cáles te atreves a facer?
https://www.youtube.com/watch?v=6XS5hl3Vt8E 

5º y 6º DE PRIMARIA:
Ponte en forma 1: divertida rutina con avatares que inclúe estrellas, burpees, saltos, etc. https://www.youtube.com/watch?v=QseYFhYnxmU
Ponte en forma 2: se queres máis atrévete con esta.
https://www.youtube.com/watch?v=L_A_HjHZxfI
Aprendemos e practicamos a seguinte coreografía:
https://www.youtube.com/watch?v=N8SyE4sm-bk
Retos individuais coa comba ¿Cáles te atreves a facer?
https://www.youtube.com/watch?v=6XS5hl3Vt8E 


 TAREFA "REUTILIZA, XOGA E DIVÍRTETE"

A idea é elaborar un xogo/xoguete que poidamos utilizar na clase de educación física con material que teñamos na casa. Algunhas ideas de material que podemos empregar son: caixas de cartón, tapas de libreta que sexan para reciclar, caixas de cereais, tubos de cartón do papel de cocina, botellas de auga de diferentes tamaños, distintos tipos de pintura para decorar, etc
Cando voltemos ao cole, poderemos compartir, ensinar e xogar coas nosas obras.
A continuación temos diferentes propostas para os distintos niveis de educación primaria.
Se non che convence ninguna proposta sorpréndenos con algo distinto. Anímate!

1º E 2º DE PRIMARIA:


5º E 6º DE PRIMARIA

ACLARACIÓN! as propostas para cada curso son orientativas. Se alguén prefire elaborar un material distinto ou que está proposto para outro curso pode facelo. 

miércoles, 4 de marzo de 2020

Promocionando o deporte como alternativa de lecer e hábitos saudables

Esta semana tivemos a nosa primeira xornada de deporte escolar co alumnado de 5º e 6º de Primaria, na que nos divertimos xogando ás seguintes modalidades deportivas: Datchball, Colpbol, Floorball e Baloncesto. Nesta ocasión tocounos ser anfitrións e recibimos ao alumnado do CEIP Plurilingüe de Tirán (Moaña) para competir nas diferentes modalidades. Pasámolo xenial!

Aquí tedes unha mostra da actividade:




jueves, 13 de febrero de 2020

Máis que 3R no cole Montemogos

O noso centro foi seleccionado pola Deputación de Pontevedra para participar no Congreso Revitaliza no mes de maio. O proxecto do noso centro enmárcase dentro do plan SOStibilidade que estamos a desenvolver este curso. Para participar no congreso, decidimos ir máis alá da simple recollida de restos orgánicos.

Todo o alumnado vai colaborar coa recollida dos restos orgánicos das súas merendas, co que se conseguirá o compost, e, ademais, o alumnado de 4º fará uso do método científico para coñecer o proceso de degradación de tres tipos diferentes de bolsa (plástica, biodegradable, compostable) que imos manter dentro do composteiro do cole.

Hoxe, na biblioteca, o alumnado de 4º presentou o proxecto ao resto do alumnado do colexio.

Aprende máis sobre compostaxe.

Aquí tedes unha imaxe durante a súa presentación.


 Nestoutra imaxe, o alumnado presenta a nova actividade de reciclaxe para xogar co escornabot.

martes, 11 de febrero de 2020

UN CAN CHEO DE ÓSOS

O alumnado de 3º de Primaria deixou abraiado a todo o cole coa súa presentación da clasificación dos animais en vertebrados e invertebrados. Ademais, trouxeron un esquelete real dun can e fórono montando, óso a óso. Foi unha experiencia moi interesante!
Aquí atoparás máis imaxes da actividade. E aquí podedes acceder á súa presentación:


sábado, 8 de febrero de 2020

Saúde na escola por Érguete

O alumnado de 6º comezou esta semana un obradoiro que continuará a vindeira semana sobre prevención da adicción ás drogas impartido por María, técnica da Asociación Érguete para a prevención e intervención en condutas adictivas.

Na última semana do mes, o obradoiro centrarase na prevención da adicción ás tecnoloxías (móbiles, videoxogos, redes sociais...). O feito de que se imparta este obradoiro dende a Asociación Érguete débese a que os síntomas que provocan ambas adiccións son moi similares.


miércoles, 22 de enero de 2020

Unha escaleira con mensaxes

Hoxe as escaleiras de 1º a 4º de Primaria enchéronse de mensaxes. Queredes velas? Aquí as tedes nesta fotografía:


martes, 21 de enero de 2020

Xa chegou o novo material da Patrulla de Patio!

A PATRULLA DE PATIO de 5º de Primaria xa conta con novo material de xogo e unha caixa nova con rodas para transportar os xogos. Así o patio transfórmase nun espazo máis divertido e inclusivo. Entre o novo material atopamos trompos, un xogo para encestar pelotas, gomas elásticas, cordas...

miércoles, 15 de enero de 2020

Relaxámonos á chegada do recreo

O alumnado de 2º de Primaria desfruta moito coa relaxación tras o tempo de recreo. É un momento de descanso que posibilita un maior e mellor rendemento na actividade que realizará a continuación. Ademais aprovéitase a actividade para descubrir música relaxante con diferentes instrumentos musicais. Nesta imaxe o alumnado reláxase coa melodía dun saxofón e, a continuación, realízanse movementos coordinados coa respiración antes de iniciar o tempo de lectura.


Conferencia sobre acoso escolar

Outro curso máis, da man da Garda Civil, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibíu unha conferencia sobre acoso escolar. Trátase dunha das accións acometidas desde o centro para previr os conflitos nas relacións entre o alumnado.